- GALICIA -

- O HIMNO GALEGO -

Que din os rumorosos

na costa verdescente,

ao raio transparente

do prácido luar?

 

Que din as altas copas

de escuro arume arpado

co seu ben compasado

monótono fungar?

 

Do teu verdor cinguido

e de benignos astros,

confín dos verdes castros

e valeroso chan,

 

non des a esquecemento

da inxuria o rudo encono;

esperta do teu sono

Fogar de Breogán.

 

Os bos e xenerosos

a nosa voz entenden

e con arroubo atenden

o noso rouco son,

 

 

mais só os ignorantes

e férridos e duros,

imbéciles e escuros

non nos entenden, non.

 

Os tempos son chegados

dos bardos das idades

que as vosas vaguedades

cumprido fin terán;

 

pois, onde quer, xigante

a nosa voz pregoa

a redenzón da boa

 

 

Nazón de Breogán.

Na miña Mente e Corazón: Alento, flor e volvoreta. A Maxia da miña Terra: GALICIA

Os Pinos.

 

¿Qué din os rumorosos

na costa verdecente

ao raio transparente

do prácido luar?

¿Qué din as altas copas

de escuro arume arpado

co seu ben compasado

monótono fungar?

 

Do teu verdor cinguido

e de benignos astros

confín dos verdes castros

e valeroso chan,

non des a esquecemento 

da inxuria o rudo encono;

desperta do teu sono

fogar de Breogán.

 

Os bos e xenerosos

a nosa voz entenden

e con arroubo atenden

o noso ronco son,

mais sóo os iñorantes

e féridos e duros, 

imbéciles e escuros

non nos entenden, non.

 

Os tempos son chegados 

dos bardos das edades

que as vosas vaguedades

cumprido fin terán;

pois, donde quer, xigante

a nosa voz pregoa

a redenzón da boa

nazón de Breogán.

 

- Eduardo Pondal 

 

Miña Terra...Galicia

Meu lar e un verde berce de montañas...

 

Que en tempos pasados defendían de conquistala.

 

Terra cuberta de brétemas, carballos, toxos e fentos. 

 

Terra que no inverno esperta con  bágoas de orballo e co asubío do vento...

 

Cun vento que trae a esencia do frío da neve. Neve que cubre o seu corpo, co xeo nos ríos, cás follas caídas, cá chuvia nos campos, co lume no lar agardando o estío...

 

 

Cos seus colores, co seu aroma, súas flores, co seu agarimo.

 

 

Meu lar foi terra de labregos, señores, castelos e feudos. De viquingos e mouros, celtas romanos e suevos...

 

 

Foi terra de homes e mulleres da terra, que o no non ter para comer marcharon dela.

 

 

Ca morriña na maleta e o medo na gorxa, con fame no bandullo e a terra a volta.

 

 

Na Nova Terra o corpo deixaban... Máis en Galicia... O corazón quedaba!

 

 

Galicia e Terra de meigas e Santa Compaña. 

 

 

Terra de sorna, e esgalla.

 

 

Terra de maxia e misterio que so con vela... Namoraba!

 

 

Galicia soa a gaita, a grito de peliqueiros, as bestas na cuadra. 

 

 

Soa ao silencio no enterro, a dor da alma.

Alma que volve a terra o tempo de deixala.

 

 

Galicia e Terra de mar... deixando mulleres e nenos na casa mentres os homes ían a navegar.

 

Galicia e Nai.

 

Galicia e Terra.

 

Galicia ten maxia.

 

Maxia de que sempre volve a ela... Quen dela marcha.

 

Poema e foto por Patricia Gomez Docampo

Hacia:

"PEÑA TREVINCA"